Galeuropa 2019 – Asociación Asteroidea

Galeuropa 2019
0

Convocatoria Galeuropa 2019- Asociación Asteroideaprograma de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2019, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e cofinanciado pola iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, de interese para os mozos e mozas menores de 30 anos que se atopan no SNGX (Garantía Xuvenil) e beneficiarios do voso recurso.




A convocatoria encadrase dentro do programa GALEUROPA procedemento BS324B no cal Asteroidea é beneficiaria como entidade sen ánimo de lucro, como indica a resolución provisional da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es/images/GALEUROPA/2019/Asociaci%C3%B3ns/resoluc_provisional_asociacions_BS324B_2019.pdf

A Asociación Asteroidea xestiona dentro deste programa, 15 bolsas a través dunha estadía de 2 meses (1 de outubro a 30 de novembro) con 100 horas mensuais de prácticas en empresa nos seguintes países:

Azores  (7 bolsas)
Reino Unido (4 bolsas)
Italia    (4 bolsas)




A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias socio-profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación. 

A mobilidade transnacional contribúe na mellora da súa experiencia profesional e na  adquisición de competencias na lingua de traballo do pais de destino.

O programa reserva prazas, nun dos fluxos de mobilidade, para favorecer o acceso a un 45% das persoas beneficiarias con discapacidade superior ou igual ao 33%.




Estamos a realizar a Inscrición do programa na páxina web  no seguinte  enlace:

https://sites.google.com/view/asociacionasteroidea/inscripci%C3%B3n-galeuropa

Solicita más información enviando un mensaje a 📧 asociacionasteroidea.galeuropa@gmail.com o llamando al 📞 634433543