EMPREGALIA 2019

anuncio gráfico empregalia
0

Dende a Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo e dada a acollida de edicións pasadas están preparando a VI Edición da Feira de Emprego de Galicia: “EMPREGALIA 2019” cuxos obxectivos son:

  • Poñer en contacto directo a demandantes e oferentes de emprego.
  • Orientar ós demandantes de emprego na procura dun posto de traballo acorde ao seu perfil.
  • Proporcionar ferramentas de mellora da empregabilidade.
  • Fomentar a transparencia nos procesos de selección de persoal das empresas.
  • Facilitar información sobre a oferta de formación para o emprego.
  • Axudar ós estudantes de último ano a orientar a súa carreira profesional.
  • Dar a coñecer os programas e iniciativas de fomento do emprego das Administracións Públicas.

A mecánica de funcionamento de Empregalia 2019 é a seguinte:

O horario e lugar da feira:
Lugar: Estación Marítima de Vigo
Datas e Horarios: ▪ Venres 10 de maio de 9:30 a 20:00h ( Ininterrumpidamente)
▪ Sábado 11 de maio de 9.30 a 13.30 h

As empresas ofertantes de emprego disporán de persoal encargado de facilitar información, recoller curriculums en forma dixital e atender o seu espazo durante o tempo que dure o evento.

Os demandantes traerán preferentemente o seu CV en formato dixital para descargar no dispositivo que as empresas poñan a súa disposición. En caso de traelo en papel se lles facilitara, por parte da organización, a súa conversión en formato dixital.

Desde a organización de Empregalia ocuparanse de:

Stands: Montaxe e desmontaxe dos mesmos, así como limpeza e seguridade do recinto.

Comunicación: Organizaranse roldas de prensa de presentación do evento, na que se dará a coñecer o programa, as principais empresas e entidades participantes e os obxectivos que se pretenden alcanzar. Establecendo unha relación proactiva cos medios de comunicación dando a coñecer a marcha do evento.

Difusión en Redes sociais (Facebook, Twitter), publicaranse días antes do evento os perfís a contratar por parte das empresas.

Entre as empresas i entidades que xa confirmaron a súa presenza no evento, suliñaremos:

PSA Peugeot Citroën / Adecco / Bosch / Bricomart / Academia Postal / Cáritas / Coca-Cola / Seguros Ocaso / Consellería de Igualdade / Down Vigo / Cogami / Fuerzas Armadas Españolas / Gextiom Group S.L. / Gi Group / Grupo Esypro / IFFE Business School / Iman Temporing ETT Vigo / Micofer 2000 ETT S.L. / Nortempo…

Algunas ofertas de empleo ofrecidas por algunas de la empresas presentes: