Empregalia 2018

Empregalia 2018
0

Dende a Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo e dada a acollida de edicións pasadas están preparando a V Edición da Feira de Emprego de Galicia: “EMPREGALIA 2018” cuxos obxectivos son:

  • Poñer en contacto directo a demandantes e oferentes de emprego.
  • Orientar ós demandantes de emprego na procura dun posto de traballo acorde ao seu perfil.
  • Proporcionar ferramentas de mellora da empregabilidade.
  • Fomentar a transparencia nos procesos de selección de persoal das empresas.
  • Facilitar información sobre a oferta de formación para o emprego.
  • Axudar ós estudantes de último ano a orientar a súa carreira profesional.
  • Dar a coñecer os programas e iniciativas de fomento do emprego das Administracións Públicas.




A mecánica de funcionamento de Empregalia 2018 é a seguinte:

  • O horario e lugar da feira:
    – Lugar: Estación Marítima de Vigo
    – Datas e Horarios:
    Venres 26 de xaneiro de 9:30 a 20:00h ( Ininterrumpidamente)
    Sábado 27 de xaneiro de 9.30 a 13.30 h
  • As empresas ofertantes de emprego disporán de persoal encargado de facilitar información, recoller curriculums en forma dixital e atender o seu espazo durante o tempo que dure o evento.
  • Os demandantes traerán preferentemente o seu CV en formato dixital para descargar no dispositivo que as empresas poñan a súa disposición. En caso de traelo en papel se lles facilitara, por parte da organización, a súa conversión en formato dixital.




Desde a organización de Empregalia ocuparanse de:

  • Stands: Montaxe e desmontaxe dos mesmos, así como limpeza e seguridade do recinto.
  • Comunicación: Organizaranse roldas de prensa de presentación do evento, na que se dará a coñecer o programa, as principais empresas e entidades participantes e os obxectivos que se pretenden alcanzar. Establecendo unha relación proactiva cos medios de comunicación dando a coñecer a marcha do evento.
  • Difusión en Redes sociais (Facebook, Twitter), publicaranse días antes do evento os perfís a contratar por parte das empresas.




Entre as empresas i entidades que xa confirmaron a súa presenza no evento, suliñaremos:

PSA Citroën / Adecco / Bosch / Iman / La Fé / Nortempo / Academia Postal / Cáritas / Elecpor / Grupo Método / Coca Cola / Plan Acciona / Consellería de Igualdade / Down Vigo / Cogami / Ministerio de Defensa (reclutamento)…

Cabe destacar a oferta por parte de PSA Citroën de 900 postos de traballo, polo que os resultados en canto a empregabilidade dos aistentes están asegurados.

A programación da Feira de Emprego Empregalia complétase coa celebración de tres interesantes conferencias que terán lugar no mesmo recinto.

Te recomendamos

VER TAMBIÉN...